|
O modelo de "Adega" que sería aquela empresa formada por un ou varios
socios, que ten unha producción, polo
xeral elevada. Este tipo de productores
poden comprarlle uvas a viticultores
para elaborar os seus viños ou ben poden
ter os seus propios viñedos. Na
Denominación de Orixe Ribeiro
contamos coas adegas máis antigas de
Galicia, ca máis grande e ca primeira
que embotellou os seus viños.
Na actualidade, o Ribeiro, conta cun
total de 31 adegas. |
O modelo de "Adega de Colleiteiro" foi regulamentado en 1987. As
características deste productor son
principalmente que os viños que elabora
e comercializa sexan producto das súas
explotacións vitícolas, sen poderlle
adquirir uvas a outros viticultores e
que a súa producción non supere os 60000
litros ó ano. Este modelo de
producción está moi vinculado ó concepto
de "terroir" pola importancia que
ten que os viños que elaboran os
colleiteiros son froito dos seus propios
viñedos. |