As
Ordenanzas Municipais de
Ribadavia de 1594 xa
determinaban os lugares e
parroquias que podían producir e
vender viño do Ribeiro e
en que lugar exacto de mercado
debía situarse, que operacións
de manipulación estaban
permitidas e que sancións terían
quenes contraviñesen dita
Ordenanza.
Devanditas Ordenanzas son un
precedente dos Regulamentos dos
actuais Consellos Reguladores. A
Organización Mundial da
Propiedade Intelectual recoñece
estas ordenanzas como os
primeiros indicios de protección
dunha indicación xeográfica no
dereito español.
En 1932 a Denominación de
Orixe Ribeiro queda protexida
coa publicación do Estatuto do
Viño que foi elevado a lei o
26 de maio de 1933.
Posteriormente constituiríase o
Consello Regulador mediante a
orde do 6 de decembro de 1956
sendo aprobado o primeiro
Regulamento do Consello
Regulador do Ribeiro en 1957,
rexéndose actualmente por un
segundo regulamento do 2 de
febreiro de 1976. Este
regulamento foi modificado
mediante a Orde do 19 de Abril
de 2004 publicada no Diario
Oficial de Galicia o 28 de Abril
de 2004, para incluír como
produto amparado o Viño
Tostado do Ribeiro, un viño
naturalmente doce, en base á súa
histórica elaboración nesta
denominación de orixe e sendo un
produto que se enmarca dentro
dunha das máximas expresións dos
grandes viños do Ribeiro.
Os seus principais obxectivos
son amparar e protexer os
produtos desta zona vitícola así
como fomentar e controlar a
calidade dos mesmos, a
defensa da denominación, a
aplicación do seu regulamento
e a vixilancia do seu
cumprimento, así como a
promoción e o fomento da
comercialización.O
Consello Regulador controla
todas as fases de produción dos
viños acollidos garantindo ao
consumidor as condicións
organolépticas e físico-químicas
do producto mediante a
correspondente precinta de
denominación de orixe. |