RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>www.ribeiro.es > Portada » Denominación de orixe »

Galego Español English Compartir

Denominación de Orixe Ribeiro
Ribeiro.es

Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro está situada na Galicia meridional, no bordo noroccidental da provincia de Ourense, nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Conta cunha extensión de 2685 hectáreas de viñedo situadas nos municipios de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada, e parte dos de Boborás, San Amaro, Toén, Carballiño, Ourense.

O viñedo esténdese desde os 75 ata os 400 metros de altitude en vales e ladeiras ás veces de acusada pendente que é salvada por terrazas denominados socalcos ou bocaribeiras que seguen as curvas de nivel.

Viticultores
Ribeiro.es
Ribeiro.esAno 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
Ribeiro.esNúmero de Viticultores 5900 5930 5959 5983 6011 6022 6029
Ribeiro.esHectáreas de Viñedo 2627 2648 2667 2685 2717 2731 2749
Clima
Ribeiro.es
O peculiar clima vese favorecido polas barreiras naturais e a súa situación meridional en Galicia, que protexen o territorio de borrascas subatlánticas e proporcionan un ecoclima de transición oceánico-mediterráneo, polo que é húmido e de temperaturas amornadas de 14.5 ºC de media anual. Con características intermedias entre os climas oceánico e mediterráneo permite que o froito das viñas madure, conservando aroma e acidez.

Cunha pluviometría media de 950 mm, pero con características que manifesta a súa tendencia mediterránea ao contar polo menos con tres meses nos que as precipitacións en mm son inferiores dúas veces á temperatura media mensual correspondente.

A insolación conta cun total anual de 1915 horas cun máximo (para o período de xullo e agosto) do 40% e un mínimo (para decembro e xaneiro) do 8%.

Ribeiro

Solo
Ribeiro.es
Teñen unha profundidade media entre 70 e 100 cm e son fundamentalmente de orixe granítico con importante presenza de pedras e gravas que melloran a macroestructura do chan e a insolación dos acios.

As texturas predominantes son franco-arenosas, e en menor medida areno-francosas, aínda que tamén se poden atopar texturas francas en zonas de sedimentos aluviales e texturas mais finas sobre rocas metamórficas.

Os contidos en materia orgánica oscilan entre o 2 e o 4 % para a capa arable e adoitan estar por baixo do 3% no subsolo.

Desde o punto de vista físico-químico os chans teñen tendencia á acidificación que normalmente é corrixida polos viticultores.

Ribeiro

Producción
Ribeiro.es
A produción media da denominación de orixe é de 14 millóns de kg. de uva branca e 2 millóns de kg. de uva tinta que é elaborada por 115 adegas, das cales 84 acóllense á figura de "Adega de Colleiteiro" (elaboran a partir de uvas da súa propiedade, non podendo comprar uva e non excedéndose dun limite máximo de produción de 60.000 Litros).
Ribeiro.esColleita 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
Ribeiro.esKg. Branco 15.650.000 13.100.000 15.300.000 16.450.000 19.700.000 17.197.000 11.726.000 9.758.726
Ribeiro.esKg. Tinto 2.850.000 1.000.000 1.700.000 2.150.000 2.300.000 1.928.000 1.074.000 662.110
Ribeiro.esKg. Tostado       15.984 14.541 16.500 14.860 2.200
Ribeiro.esKg. Totais 18.500.000 14.100.000 17.000.000 18.600.000 22.000.000 19.141.500 12.815.000 10.423.036
Ribeiro.esNº Adegas 90 96 106 107 109 113 115 119
Ribeiro.esCalificación MB MB Excelente MB MB MB Excelente Excelente
Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR