RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>www.ribeiro.es > Portada » Ruta do viño »

Galego Español English Compartir

Ruta do Viño
Ribeiro.es

Ribeiro

A "Ruta do Viño do Ribeiro" xorde co obxeto de promover o desenvolvemento socioeconómico desta comarca vitivinícola ademáis de conservar o patrimonio artístico, cultural e natural e como non difundir a cultura do viño.

A nosa ruta intégrase no conxunto "Rutas del Vino de España" e polo tanto comparte características co resto de rutas de viño de España. Este producto consiste na integración dos recursos e servizos turísticos de interese dunha zona vitivinícola; engloba unha ampla oferta de servizos para o turismo, desde as visitas ás adegas, enotecas e museos do viño ata actividades culturais e deportivas, oferta nocturna, aloxamentos e restauración.

Hai que destacar o valor enolóxico deste producto, xa que sen cultura do viño non hai ruta do viño e sen ruta do viño non hai producto turístico.

A clave para que a "Ruta do Ribeiro" funcione é que a viticultura sexa o seu eixe temático e que o turista o perciba na súa viaxe polo Ribeiro en calquera dos recursos que compoñen a mesma.

Non cabe dúbida de que o Ribeiro ten potencial en todos os sentidos para conseguir crear un producto turístico atractivo: no que respecta ao viñedo, o Ribeiro está vivindo unha auténtica revolución baseada na renovación das explotacións e na preservación do mellor da súa tradición vinícola secular e as adegas pola súa parte están comenzando a ser conscientes da importancia do binomio turismo e viño e xa son máis de vinte as que ofertan a posibilidade de realizar visitas ás súas instalacións e que os enoturistas poidan ver os procesos de elaboración e coñecer de man dos adegueiros os seus viños e probalos no mellor ambiente.

Ademáis do potencial vitivinícola da Denominación de Orixe Ribeiro, esta comarca no senso paisaxístico, está considerada un dos enclaves máis representativos da cultura e a arquitectura galega e atesoura un patrimonio artístico magníficamente conservado. Nos seus pobos e aldeas medievais pódense visitar castros, xuderías, pazos, mosteiros e igrexas que se integran á perfección coa paisaxe da auga e do viño. Outro recurso que lles podemos ofrecer os enoturistas que visiten o Ribeiro é o do turismo termal, que xa no século XIX foi o motor económico desta zona e hoxe volve a selo grazas aos modernos balnearios situados á veira dos seus ríos. Tamén lles podemos ofrecer tanto festas gastronómicas como festas tradicionais ou festas que xiran ó redor da temática do viño, como poden ser a Feira do Viño do Ribeiro ou a Festa da Vendima.

Sen dúbida, no Ribeiro temos recursos máis que suficientes para ofertarlle aos enoturistas unha "Ruta do Viño do Ribeiro" moi atractiva.

Ribeiro

Ribeiro

RibeiroSons do Ribeiro
Ribeiro.es
Non ten instalado o Plugin Adobe Flash Player o ben a versión instalada é vella.
Descargue unha versión máis actualizada eiquí.

Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR