| Máis
información: Os viños que
produce son aromáticos, finos e
elegantes, con recordos a
froitas, delicadas notas florais
e toques balsámicos. Alcanzan
sinxelamente os 12º - 13.5º
alcohólicos, que se compensan
coa súa acidez total entre 5.5 e
7 gramos por litro expresada en
ácido tartárico, o que fai que
resulten frescos, equilibrados,
saborosos e untuosos.
Pódense atopar monovarietais de
Treixadura no Ribeiro,
pero a maioría aposta pola sabia
mestura das distintas variedades
autóctonas con predominio da
Treixadura, o que enriquece
e fai única esta comarca,
conseguindo viños armónicos e
equilibrados desde o viñedo,
viños diferentes, singulares e
únicos.
Estos viños nos que predomina a
Treixadura adoitan ter
unha boa e positiva evolución
polo menos ata 2 anos da vendima. |